luns, 2 de maio de 2016

Preguntas da xincana literaria- 2 de Maio


Boas!!
aquí vos deixo as preguntas deste luns para a xincana:
6º PRIMARIA, 1º e 2º da ESO:

1.La locura de Alonso Quijano, quien se cree el caballero andante don Quijote de la Mancha, se debe a las muchas novelas de caballerías que ha leído. Cita dos títulos de estas novelas que se encontraban en la biblioteca de la casa de don Quijote.

2.  Tedes que buscar na entrada Shakespeare dalgunha das enciclopedias en
galego que hai na biblioteca para responder ás seguintes cuestións:
- Que autor galego escribiu unha obra de teatro baseándose nun personaxe
moi famoso do recoñecido autor inglés?
- Cal é o título desa obra?
- En que ano se publicou?

3º e 4º ESO:
1.Pedro Vázquez de Neira foi outro poeta galego coetáneo de Cervantes e
Shakespeare, del consérvase un poema
- Que tipo de poema é?
- Como se titula?
- A quen está dedicado?

2.Hai no Quixote unha referencia poética ao sol que, con un pouco de imaxinación, quizá podería interpretarse como unha solapada alusión ao heliocentrismo: "¡Oh, perpetuo descubridor de los antípodas, hacha del mundo, ojo del cielo, meneo dulce de las cantimploras! ¡Trimbio aquí, Febo allí, tirador acá, médico acullá, padre de la poesía, inventor de la música! ¡Tú que siempre sales y, aunque lo parece, nunca te pones! A ti digo, ¡oh sol, con cuya ayuda el hombre engendra al hombre! ".Co a frase "¡Tú que siempre sales y, aunque lo parece, nunca te pones!" Podería aludir a que o movemento do sol é só aparente e que a Terra é a que en realidade se move...e falando disto...uns anos antes do nacemento de Cervantes un famoso astrónomo polaco publicou unha revolucionaria teoría sobre o movemento dos astros na galaxia coa que contradecía ás teorías de Ptolomeo...Pregunta: ¿quen foi ese famoso astrónomo?


Xa vai quedando menos de concurso!!a semana que ven remataremos, así que...a por todas!!

Boas lecturas!!

0 comentarios:

Publicar un comentario