luns, 9 de maio de 2016

Visita do autor Pere Tobaruela

 Pere Tobaruela (Barcelona 1965), vive actualmente en Rois. 
 É por isto que alterna a escrita en catalán e en galego. 

Con corenta títulos publicados nalgunhas das editoriais máis importantes de Cataluña, Galicia e o resto do Estado, transita por diversos xéneros literarios: libro ilustrado, banda deseñada, ensaio, biografía, escolma de entrevistas, conto e novela. 

Dentro da súa produción novelística atopamos obras infantís e xuvenís, e tamén para o público adulto. 
En Xerais ten publicados o libros: “Vouvos papar” (2008), obra infantil escrita en colaboración con Luz Méndez; “A cripta do apóstolo” (2010), novela xuvenil; “Poñente” (Xerais, 2011) ; “O códice do Santo Lugar” (2013), novela xuvenil é coautor, xunto con Andrés Meixide da serie “Formig4s” dirixida ao público infantil. 

A súa visita foi do máis interesante e presentounos a súa obra Formig4s, un cómic para nenos e no tan nenos no que el é autor da letra e Andrés Meixide dos debuxos.


Nestas imaxes podemos ver aos alumnos de 6º de primaria disfrutando co que lles contaba Pere.

Moitas grazas pola túa visita!!







0 comentarios:

Publicar un comentario