luns, 18 de decembro de 2023

POR NADAL REGALA UN LIBRO

 Dende a biblioteca "Luis Seoane" temos algunhas recomendacións de posibles agasallos de Nadal, por se andades sen ideas. Felices festas e boas lecturas!








martes, 16 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS 2023

 Boas de novo! 

Deixámosvos uns enlaces a actividades e materiais relacionados co homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. E tamén un video elaborados a partires dos cartaces que fixemos dende a biblioteca.





AS COUSAS DE DON PACO. Biografía en forma de conto 


ACTIVIDADES DIVERSAS SOBRE DEL RIEGO


MATERIAIS DO SEMINARIO GALÁN: biografía e actividades

luns, 30 de xaneiro de 2023

Non te perdas o "cometa verde"!!!


Entre finais de xaneiro e principios de febreiro poderás ver o paso do chamado "cometa verde", un cometa cun periodo de 50000 anos! Neste cartaz tes información básica para poder localizalo.



xoves, 23 de xuño de 2022

Biblioteca "Luis Seoane". Recomendacións lectoras para o verán 2022

No seguinte video tedes unhas cantas recomendacións de libros para o verán de 2022, agrupadas por niveis. Non deixedes de disfrutar das vacacións, pero tampouco de ler!

 


 

luns, 9 de maio de 2022

Concurso "Letras Galegas"

 

 

 

 

Dende a biblioteca deseñamos unhas actividades para o día das Letras Galegas, organizadas por niveis de dificultade. Dende aquí podedes descargalas. Hai que realizalas en combinación coa exposición de libros e imaxes dos homenaxeados da entrada do centro.

 

 Actividade Nivel 1


Actividade Nivel 2


Actividade Nivel 3

 



mércores, 27 de abril de 2022

A biblioteca informa! O eclipse de Lúa de maio

Dende a biblioteca querémosvos informar de que o vindeiro 16 de maio haberá un eclipse total de Lúa. Cumpre madrugar un pouco para poder velo, pero se a noite acompaña, pagará a pena facer o esforzo! Nos seguintes cartaces tedes información sobre esta efeméride.

 



martes, 29 de xuño de 2021