martes, 14 de maio de 2019

Marcalibros e marcapáxinas

UN MARCALIBROS CON MOITO QUE CONTAR

Combinando o Día das Letras Galegas e o Día do Libro, este curso estamos a confeccionar uns marcalibros para usar na nosa biblioteca. Ademais, grazas a eles, aprenderemos entre todos máis sobre o patrimonio no noso concello. Nos marcalibros teredes que escoller unha peza patrimonial relevante da vosa aldea ou parroquia (un pazo, un cruceiro, un horreo, un castro, unha ponte, un lavadoiro...) e debuxala, ou sacarlle unha fotografía, para incluíla no voso marcalibros personalizado.




Hai varios modelos de marcalibros, para Infantil, Primaria e Secundaria. A contiuación tedes os de Primaria e Secundaria. Nesta última etapa tedes un pequeno reto engadido: situar a vosa aldea no mapa de Fontán, que estivo exposto na entrada do centro ao longo deste curso. Ánimo!

Nos seguintes enlaces pódense descargar os marcalibros para as diferentes etapas e niveis:

Infantil de 3 anos:
https://drive.google.com/open?id=10gAxtdqD3Q2prwlyKszsVhgnDvOFo1Qd

Infantil de 4 anos:
https://drive.google.com/open?id=1wbF2LKU1i7iHtWB405Y2jQ982MWk_aPj

Infantil de 5 anos:
https://drive.google.com/open?id=1_ph4Xcrv7yJuLi_upjPJ866IDf06zefs

Primaria:
https://drive.google.com/open?id=1NEiINpP4-E1Y5ai2gAAe5W44kVPI0yNy

Secundaria:
https://drive.google.com/open?id=1e_Qa0fkKZCz9okUhcvIvgacPXa6k-VUQ