luns, 23 de novembro de 2020

Lecturas no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Boas de novo!

Neste novo curso, dende a biblioteca sumámonos á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se celebra o 25 de novembro.

 Elaboramos unha lista de contos e lecturas para os diversos niveis do CPI. Animámosvos a botarlle un ollo! Todos, ou case todos, os tedes na biblioteca do centro. Falade coa vosa profesora se os queredes ler.

ENLACE DIRECTO ÁS RECOMENDACIÓNS

Un saúdo!

xoves, 4 de xuño de 2020

BIBLIOTECAS, CONTOS E CONTACONTOS DIXITAIS






Sen renunciar ao encanto e comodidade do libro e o conto en papel, ese obxecto único e persoal, os tempos que nos tocou vivir demostraron tamén a utilidade dos contidos dixitais. Nos seguintes enlaces mostramos e comentamos algunhas páxinas e blogues, cheos de ideas e enlaces, que estamos seguros que serán de utilidade para as familias. Animádesvos a curiosealos, hai de todo e para todos!




1. Comezamos pola casa. O blog de Bibliotecas Escolares de Galicia está cheo de enlaces a propostas, compartidas xenerosamente polos diversos centros educativos do noso país. Hai para todos os niveis, dende infantil a secundaria. 








2. Sen saír de Galicia, a Biblioteca Virtual Galega ofrece un montón de libros para todas as idades, dende nenos até adultos. En xeral están en formato de texto, pero tamén hai libros enteiros que podedes descargar e ler comodamente nun ordenador, tablet, etc... O enlace xa leva á opcion de libro infantil e xuvenil.





3. A Biblioteca Digital Internacional para Niños está chea de propostas e contos para os nosos nenos e nenas. É outra fonte boísima onde atopar moitos libros e contos... e en varios idiomas!



 
4. A Fundación Alonso Quijano pon á nosa disposición moitos vídeos, nos que se nos narran contos. Moi recomendable para os máis cativos, até os 9 anos

 Na imaxe tedes un exemplo do que podedes atopar nesta páxina de tanto interese.



 



  5. Moi interesante tamén o blog de Soy Bibliotecario. Curioseando nel poderedes atopar unha selección moi completa de bibliotecas virtuais para nenos. 









6.  Este último blog ofrece máis enlaces, algúns deles que xa están nalguna das anteriores páxinas, pero poñémolo aquí xa que ten algúns outros moi interesantes tamén.









BOAS LECTURAS!




xoves, 14 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020




Boas a todas e todos!

Como sabedes, o día das Letras Galegas do ano 2020, este ano tan especial das nosas vidas, está adicado a Ricardo Carvalho Calero. A historia deste persoeiro é, en boa medida, unha historia de resistencia e perseveranza. Un bo exemplo para o que estamos vivindo. 

A continuación propoñémosvos diversas actividades, xogos e pasatempos para achegarnos á figura deste destacado estudoso da nosa lingua.


1. PRIMAVEIRA DAS LETRAS
 (Real Academia Galega)
 

Entrada principal

A Academia Galega abriu un portal para que os máis novos no que hai descargables e actividades online sobre Carvalho Calero, entre outras máis cousas que podes explorar.

Enlace a fichas didácticas descargables con actividades

Enlace a actividades e xogos interactivos



2. O MISTERIO DA CASA DE CARVALHO CALERO


Xogo interactivo, enviado pola profesora de galego Mari Fé. Para xogar pincha abaixo!

Entrar no xogo

3. DÚAS ACTIVIDADES PARA SABER MÁIS SOBRE O AUTOR E OS SEUS LIBROS

Partindo da pequena biografía sobre Carvallho Calero que podes atopar aqui, proba a resolver os seguintes pasatempos. Podedes descargar os ficheiros PDF destes pasatempos se pulsas en:

SOPA DE LETRAS

ENCRUCILLADO

a. Sopa de letras


 b. Encrucillado

UN SAÚDO! 





martes, 21 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO


 DÍA DO LIBRO. POR QUE? POR QUEN?
 
Este 23 de abril, celébrase por todo o mundo o Día do Libro. Sabedes porque? A causa é que ese día, o 23 de abril, pero de hai 404 anos (no ano 1616) coincide que morreron dous dos máis importantes e famosos escritores da literatura universal. Os seus nomes son ben coñecidos: William Shakespeare e Miguel de Cervantes.

 

O primeiro deles escribíu poesía e teatro. Seguro que che soa ”Romeo e Xulieta”: esa obra de teatro, pode que a máis famosa da historia, foi escrita por Shakespeare.
E que dicir de Cervantes! Sabías que “O Quixote” é o libro máis veces editado e traducido do mundo despois da Biblia? Non está nada mal, verdade?

Promoñémosche os seguintes enlaces para saber máis sobre estes autores e as súas obras. Empezando pola data da súa morte. Realmente morreron o mesmo día? O caso é que Inglaterra e España, en 1616, usaban dous calendarios diferentes, asi que si les este breve artigo divulgativo, atoparás ti mesmo a resposta á pregunta



https://www.lavanguardia.com/cultura/20181015/452362810664/curiosidades-calendario-gregoriano-juliano.html


 


Shakespeare e Cervantes, ademais de ser dous grandes escritores, comparten unhas vidas curiosas e cheas de aventuras e misterios. Unhas vidas de novela! Cervantes foi soldado, estivo preso varias veces na súa vida, e tivo terribles discusións con outros escritores da época. 


Podes saber máis sobre estas, e outras cousas, nestes interesantes (e enigmáticos) documentais:
 

"El misterio de Cervantes. Buscando a Cervantes" (Documental)
https://www.youtube.com/watch?v=lZxBsB2LMrk

Cervantes prisioneiro en Arxel
https://www.youtube.com/watch?v=yPhEVOOKgY0

Cervantes contra Lope de Vega
https://www.youtube.com/watch?v=1l-05EEDJqQ

"El enigma de Shakespeare"
https://www.youtube.com/watch?v=5EjYNyvI7BI



A obra máis coñecida de Cervantes é “O Quixote”. Os seguintes enlaces levaranche a episiodos de debuxos e series sobre a vida deste peculiar cabaleiro andante:

Don Quijote. Capítulo 1. Debuxos
https://www.youtube.com/watch?v=pT-s2q6lbvw

Don Quijote. Serie TVE
https://www.youtube.com/watch?v=unkPy8cGRzY&list=PLmO7Jpa5j1fX2scgJuOKywz4Q1ALM-Ha9&index=14

Resumen de la primera parte del Quijote dibujada
https://www.youtube.com/watch?v=ir6A-Ns5Em8


Shakespeare fixo todas as súas obras para ser representadas nun dos primeiros teatros do mundo da Era Moderna, “The Globe”, que estaba en Londres. O teatro, construído en madeira, ardeu xa hai moito, pero foi reconstruído a fins do século XX. Co seguinte video, feito cun dron, daraste conta de que os teatros de hai 400 anos eran bastante diferentes dos de hoxe en día!


 


The Globe (visto con un Dron)
https://www.youtube.com/watch?v=ZRKJ4QrrfHI



 


 
E para rematar, unha pequena reflexión. Algunha vez terás escoitado que tal ou cal escritor, científico, cantante, etc, ou tal ou cal obra, son moi importantes e tiveron moita influencia e transcendencia na posteridade. Que significa iso? Normalmente quere dicir que outros grandes escritores, músicos, artistas que viviron ou viven moito despois de mortos eses escritores, son influidos por eles, e o demostran no que fan. Iso é o que pasa con Shakespeare e Cervantes. Ademais de que nós sigamos a ler, representar e estudar as súas obras, tanto hoxe como no pasado inspiraron a outros artistas. Nestes dous videos podes ver como as historias escritas por eles serviron para crear música a dous grandes compositores! Unha das pezas estamos seguro de que vos vai a soar, e moito.

Fragmento de Romeo y Julieta (Prokofiev)

https://www.youtube.com/watch?v=Z_hOR50u7ek

Don Quixote (Telemann)
https://www.youtube.com/watch?v=2RsHV7EPcgo






xoves, 5 de marzo de 2020

Exposición de libros de ciencia e tecnoloxía

















Na entrada do noso CPI, tedes todos unha mostra dun bo lote de interesantísimos libros sobre ciencia e tecnoloxía que adquirimos recentemente. Hai moitos títulos, diversos e atractivos, para todas as idades. E un que foi especialmente premonitorio: "El Paciente 0"!!! 
 




Animámosvos a botarlle un vistaciño!