Boas a todas e todos!
Como sabedes, o día das Letras Galegas do ano 2020, este ano tan especial das nosas vidas, está adicado a Ricardo Carvalho Calero. A historia deste persoeiro é, en boa medida, unha historia de resistencia e perseveranza. Un bo exemplo para o que estamos vivindo.
A continuación propoñémosvos diversas actividades, xogos e pasatempos para achegarnos á figura deste destacado estudoso da nosa lingua.

1. PRIMAVEIRA DAS LETRAS
(Real Academia Galega)
Entrada principal
A Academia Galega abriu un portal para que os máis novos no que hai descargables e actividades online sobre Carvalho Calero, entre outras máis cousas que podes explorar.
Enlace a fichas didácticas descargables con actividades
Enlace a actividades e xogos interactivos
2. O MISTERIO DA CASA DE CARVALHO CALERO
Xogo interactivo, enviado pola profesora de galego Mari Fé. Para xogar pincha abaixo!
Entrar no xogo
3. DÚAS ACTIVIDADES PARA SABER MÁIS SOBRE O AUTOR E OS SEUS LIBROS
Partindo da pequena biografía sobre Carvallho Calero que podes atopar aqui, proba a resolver os seguintes pasatempos. Podedes descargar os ficheiros PDF destes pasatempos se pulsas en:
SOPA DE LETRAS
ENCRUCILLADO
a. Sopa de letras
b. Encrucillado
UN SAÚDO!
0 comentarios:
Publicar un comentario