luns, 7 de marzo de 2016

Charlie y la fábrica de chocolate...e Roald Dahl









Se che gustou a película de Tim Burton Charlie y la fábrica de chocolate seguro que terás interese en saber quen escribiu o libro no que se basea (así sempre podes buscar un do mesmo autor que tamén che poida gustar...), pois ben, o autor foi Roald Dahl, británico novelista e autor de contos, e este 2016 é o centenario do seu nacemento.

Este autor conta entre as súas obras outras tan coñecidas como James y el melocotón gigante ou Matilda, así como Los gremlins, que sirviu de inspiración (ollo, só inspiración, porque non ten que ver co libro) para a película homónima rodada en 1984 por Steven Spielberg, e que de segures viches nalgún Nadal pola televisión...

Se queres coñecer máis a este interesante escritor aquí tes un enlace
biografía Roald Dahl

 e para despertar un pouco o gusanillo...https://www.youtube.com/watch?v=6202o2k8A3c

...e como di Willy Wonka : " La crema batida no está bien batida si no bates bien la vaca, todo el mundo sabe eso".

Día de Rosalía

O pasado 24 de febreiro foi o día de Rosalía de Castro, que naceu en Compostela no ano 1837.
Está xenial escritora plasmou a súa sensibilidade e compromiso en un feixe de obras das que poder difrutar.
Aquí vos deixo unha das súas creacións.


A esta obra Luz Casal e Carlos Núñez púxéronlle música. Se queredes escoitala preme enriba deste enlace:
negra Sombra por Luz Casal e Carlos Núñez.





Libros de realidade aumentada. Paseando entre dinosaurios.







Sorprendido/a de ver dinosaurios campando ás súas anchas pola biblioteca? pois ti mesmo podes ver como pasean, abren as súas fauces ou saltan ás estanterías se te achegas pola biblioteca do centro e colles o libro de iDinosaurio.
Con unha aplicación gratuíta de realidade aumentada que tes que descargar no móbil e o libro poderás pasearte con estes..."simpáticos" animaliños que viviron hai millóns de anos durante o Cretácico e o Xurásico.
Non tes nin un pouquiño de curiosidade? achégate pola biblio e verás!