luns, 7 de marzo de 2016

Charlie y la fábrica de chocolate...e Roald Dahl









Se che gustou a película de Tim Burton Charlie y la fábrica de chocolate seguro que terás interese en saber quen escribiu o libro no que se basea (así sempre podes buscar un do mesmo autor que tamén che poida gustar...), pois ben, o autor foi Roald Dahl, británico novelista e autor de contos, e este 2016 é o centenario do seu nacemento.

Este autor conta entre as súas obras outras tan coñecidas como James y el melocotón gigante ou Matilda, así como Los gremlins, que sirviu de inspiración (ollo, só inspiración, porque non ten que ver co libro) para a película homónima rodada en 1984 por Steven Spielberg, e que de segures viches nalgún Nadal pola televisión...

Se queres coñecer máis a este interesante escritor aquí tes un enlace
biografía Roald Dahl

 e para despertar un pouco o gusanillo...https://www.youtube.com/watch?v=6202o2k8A3c

...e como di Willy Wonka : " La crema batida no está bien batida si no bates bien la vaca, todo el mundo sabe eso".

0 comentarios:

Publicar un comentario