Queres ir ao CINE de balde cun/cunha acompañante?
Pois participa na...gran xincana literaria!!.
Este
ano cúmprense 400 anos da morte de dous grandes escritores : Miguel de
Cervantes e Shakespeare, seguro que todas e todos escoitachedes falar de
"El Quijote" o de " El sueño de una noche de verano"...Para conmemorar
tan importante data, dende a biblioteca e grazas á colaboración dos
compañeiros e compañeiras profesores/as, temos preparado un gran
concurso literario que consistirá nunha
xincana de preguntas variadas relacionadas ou ben con Cervantes ou con Shakespeare (a súa obra, a súa vida ou cousas que pasaron na época que viviu...).
O concurso ten as seguintes
bases:
1. As preguntas van a estar divididas en dous niveis de participación:
- un para as/os alumnas/os de 6º de primaria e 1º e 2º da ESO
- outro para as/os alumnas/os de 3º e 4º da ESO
2.
Cada luns e xoves publicaranse 4 preguntas novas (2 para cada nivel de
participación) que poderedes atopar neste blogue e nun cartel na porta
da biblioteca.
3. A resposta a ditas preguntas
deberedes buscala nos libros da biblioteca. Algunhas preguntas teñen
pistas de onde debedes buscar.
4. Cando atopedes a
resposta deberedes escribila na papeleta de participación que se vos
dará na biblioteca, onde deberedes indicar ademáis da resposta o número
de rexistro do libro onde a atopaches e a páxina, de non ser así a
resposta non será válida.
5. As preguntas que conteñen varias partes deben de ser contestadas todas as partes correctamente para ser válidas.
6.
Ao final do concurso, que aproximadamente durará un mes, entre os/as
participantes que respostaran correctamente a todas as cuestións
plantexadas realizarase un sorteo e o gañador/a recibirá un premio
consistente en...
DÚAS ENTRADAS PARA O CINE!!
UNHA FANTÁSTICA CAMISETA!!
UNHA BOLSA DE TELA DA BIBLIOTECA!!
UNHA LIBRETA!!
UN PAR DE CHAPAS!!
8.
En caso de non haber ninguén que acerte todas as preguntas o gañador/a
será o que máis preguntas teña contestadas de xeito correcto.
E con todo isto...damos o pistoletazo de saída ao concurso coas primeiras catro preguntas...adiante e moita sorte!!.
PREGUNTAS LUNS 18 DE ABRIL:
NIVEL 6º PRIMARIA, 1º E 2º ESO:
pregunta 1- Que cantos e bailes da época sabe a Gitanilla? (Buscar nas Novelas Exemplares: La Gitanilla)
pregunta 2- You know Shakespeare died exactly on the same date as Cervantes......
- Which year was it?
- Which month?
- Which day?
NIVEL 3º E 4º DA ESO:
pregunta 1- Cervantes estuvo preso cinco años en Argel
(1575-1580). ¿Cuántos intentos de fuga protagonizó
el escritor? Finalmente, ¿con qué cantidad de dinero se
compró su libertad?
pregunta
2- Otto von GuercKe-Maestro de Magdeburgo, que vivió en el siglo que
Cervantes murió, ¿que es lo que demostró con su famosisima experiencia?