luns, 20 de febreiro de 2017

Concurso ChapArte

Xa está en marcha o concurso ChapArte. Selecciona unha muller que destacase nalgún campo, das propostas nas listas de abaixo, busca a súa especialidade, data de nacemento e morte e fai un retrato a man dela (a partires dunha fotografía ou cadro) na plantilla que podes recoller na biblioteca. Con esa plantilla faremos unha estupenda chapa. Non esquezas de seguir as instrucións con moito coidado. As chapas gañadoras das diversas categorías levaran cadanseu premio. Anímate que remata o prazo!!!




 

luns, 6 de febreiro de 2017

PREMIADOS DO CONCURSO ATOPARTE

Xa temos as gañadoras do concurso AtopArte!

3º/4º EP: Iria Cotón
5º/6º EP: Alejandra Santos 
3º/4º ESO: Lucía Barreiro 

                                                             Noraboa a todas!!!


... e o xoves pasado recibiron os seus premios diante dos paneis do concurso, ás portas da nosa biblioteca. Aquí tedes as imaxes.

Estade atentos e atentas, pronto teremos outra actividade.... ChapArte!!! (E non, é moito de estudar)

Iria e Alejandra

Lucía