martes, 21 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO


 DÍA DO LIBRO. POR QUE? POR QUEN?
 
Este 23 de abril, celébrase por todo o mundo o Día do Libro. Sabedes porque? A causa é que ese día, o 23 de abril, pero de hai 404 anos (no ano 1616) coincide que morreron dous dos máis importantes e famosos escritores da literatura universal. Os seus nomes son ben coñecidos: William Shakespeare e Miguel de Cervantes.

 

O primeiro deles escribíu poesía e teatro. Seguro que che soa ”Romeo e Xulieta”: esa obra de teatro, pode que a máis famosa da historia, foi escrita por Shakespeare.
E que dicir de Cervantes! Sabías que “O Quixote” é o libro máis veces editado e traducido do mundo despois da Biblia? Non está nada mal, verdade?

Promoñémosche os seguintes enlaces para saber máis sobre estes autores e as súas obras. Empezando pola data da súa morte. Realmente morreron o mesmo día? O caso é que Inglaterra e España, en 1616, usaban dous calendarios diferentes, asi que si les este breve artigo divulgativo, atoparás ti mesmo a resposta á pregunta



https://www.lavanguardia.com/cultura/20181015/452362810664/curiosidades-calendario-gregoriano-juliano.html


 


Shakespeare e Cervantes, ademais de ser dous grandes escritores, comparten unhas vidas curiosas e cheas de aventuras e misterios. Unhas vidas de novela! Cervantes foi soldado, estivo preso varias veces na súa vida, e tivo terribles discusións con outros escritores da época. 


Podes saber máis sobre estas, e outras cousas, nestes interesantes (e enigmáticos) documentais:
 

"El misterio de Cervantes. Buscando a Cervantes" (Documental)
https://www.youtube.com/watch?v=lZxBsB2LMrk

Cervantes prisioneiro en Arxel
https://www.youtube.com/watch?v=yPhEVOOKgY0

Cervantes contra Lope de Vega
https://www.youtube.com/watch?v=1l-05EEDJqQ

"El enigma de Shakespeare"
https://www.youtube.com/watch?v=5EjYNyvI7BI



A obra máis coñecida de Cervantes é “O Quixote”. Os seguintes enlaces levaranche a episiodos de debuxos e series sobre a vida deste peculiar cabaleiro andante:

Don Quijote. Capítulo 1. Debuxos
https://www.youtube.com/watch?v=pT-s2q6lbvw

Don Quijote. Serie TVE
https://www.youtube.com/watch?v=unkPy8cGRzY&list=PLmO7Jpa5j1fX2scgJuOKywz4Q1ALM-Ha9&index=14

Resumen de la primera parte del Quijote dibujada
https://www.youtube.com/watch?v=ir6A-Ns5Em8


Shakespeare fixo todas as súas obras para ser representadas nun dos primeiros teatros do mundo da Era Moderna, “The Globe”, que estaba en Londres. O teatro, construído en madeira, ardeu xa hai moito, pero foi reconstruído a fins do século XX. Co seguinte video, feito cun dron, daraste conta de que os teatros de hai 400 anos eran bastante diferentes dos de hoxe en día!


 


The Globe (visto con un Dron)
https://www.youtube.com/watch?v=ZRKJ4QrrfHI



 


 
E para rematar, unha pequena reflexión. Algunha vez terás escoitado que tal ou cal escritor, científico, cantante, etc, ou tal ou cal obra, son moi importantes e tiveron moita influencia e transcendencia na posteridade. Que significa iso? Normalmente quere dicir que outros grandes escritores, músicos, artistas que viviron ou viven moito despois de mortos eses escritores, son influidos por eles, e o demostran no que fan. Iso é o que pasa con Shakespeare e Cervantes. Ademais de que nós sigamos a ler, representar e estudar as súas obras, tanto hoxe como no pasado inspiraron a outros artistas. Nestes dous videos podes ver como as historias escritas por eles serviron para crear música a dous grandes compositores! Unha das pezas estamos seguro de que vos vai a soar, e moito.

Fragmento de Romeo y Julieta (Prokofiev)

https://www.youtube.com/watch?v=Z_hOR50u7ek

Don Quixote (Telemann)
https://www.youtube.com/watch?v=2RsHV7EPcgo






0 comentarios:

Publicar un comentario