venres, 25 de maio de 2018

A táboa de mulleres pensadoras

Bo día!
Compartimos con vos algunhas imaxes da táboa periódica das mulleres pensadoras. E dos marabillosos retratos que fixo o alumnado de infantil e primaria!





martes, 27 de febreiro de 2018

MULLERES PENSADORAS: A TÁBOA PERIÓDICA

Neste trimestre, dende a biblioteca, imos a facer unha completa táboa periódica de mulleres que destacaron en diversos campos do pensamento. Nesta publicación tedes unha primeira entrega coas imaxes daquelas que o fixeron en 7 campos do saber. O alumnado de infantil e primeiros cursos de primaria elaborará un debuxo de cada unha delas a partires destas imaxes, e o dos últimos cursos de primaria e secundaria fará unha breve reseña das súas contribucións á humanidade. Ánimo!

ASTRÓNOMAS
 
BIÓLOGAS E NATURALISTAS

FILÓSOFAS
 FÍSICAS E QUÍMICAS
INVENTORAS
MATEMÁTICAS
MÉDICAS E FISIÓLOGAS



PREMIADOS DO CONCURSO "QUE ESTAS PENSANDO?"

O pasado venres de antroido entregamos os premios do concurso da biblioteca "Que estás pensando?"
A gañadora e gañador foron dous alumnos de 6º de primaria: Iria Varela e Agustín Orechia. Completaron todas as frases do concurso, e levaron de premio cadanseu libro. Noraboa!!!