
Dado que onte non foi posibe a publicación das preguntas correxpondentes ao xoves, publicamolas hoxe, cun día de retraso. Ahí van!:
PREGUNTAS XOVES 21 DE ABRIL
NIVEL 6º PRIMARIA, 1º E 2º ESO:
pregunta 1. Nos
anos durante os que viviu Cervantes, inventouse o telescopio. ¿Quen foi o inventor e en que
ano o inventou?
pregunta 2- O autor do Quijote
ten un apelido que coincide co nome dun concello galego:
NIVEL 3º E 4º DA ESO:
- Cal é o nome do concello?
- En que provincia se atopa?
- En que serra desa provincia se encontra o concello?
NIVEL 3º E 4º DA ESO:
pregunta 1- (Consultar na edición do IV Centenario do
Quijote) -No capítulo XI (1ª PARTE) do Quijote, o
cabaleiro da triste figura te un encontro cuns cabreiros. Un “zagal” (mozo) que
está con eles e sabe tocar un instrumento.
Cal é? Que tipo de instrumento é?
(Corda rozada, punteada, vento, percusión...)
pregunta 2- No
ano 1547 Cervantes nace en Alcalá de Henares. Neste mesmo ano
Miguel Anxo Buonarroti comeza unha das súas derradeiras obras
escultóricas que quedará incompleta á súa morte. Atopa de que
obra se trata.
Moita sorte e ata o luns que voltarán novas preguntas!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario