martes, 15 de novembro de 2016

Xa está en marcha un novo concurso da biblioteca: AtopArte

 Descubre o autor, título e século ao que pretencen importantes obras de arte consultando os libros da biblioteca. Tes até o 16 de decembro de prazo para participar!

As obras que temos que descubrir
No hall da biblioteca está o panel cunha series de imaxes para participar no concurso deste ano. Coma sempre haberá fantásticos premios, que en primaria serán un libros sobre arte e en secundaria algúns agasallos artísticos e dous vales para canxear por entradas no cine.


Para participar tes que solicitar un formulario na biblioteca, en función de si eres alumno ou alumna de primaria ou secundaria. Todas as imaxes están contidas e as podes atopar nos libros que se atopan na mesa ao lado do panel. Fixa naquelas que ten un punto amarelo cunha "G", xa que esas son obras de Galiza. Busca no libro correcto.
Os libros para consultar


Se queres buscar dende a casa, por exemplo usando algunha galería de arte na WEB, neste blog temos subido as imaxes do concurso, e podes consultalas pinchando no seguinte enlace:

OS PANEIS DO CONCURSO

Anímate!

 

 


0 comentarios:

Publicar un comentario