Algúns alumnos e alumnas estivéronme a preguntar hoxe sobre como ver o eclipse do vindeiro venres 20 e a que hora sucedía. Aquí vos deixo algúns enlaces e datos sobre como observalo.
A que hora é?
O eclipse non comeza en todas partes da Terra á mesma hora. Na nosa zona os horarios son os seguintes:
Comezo.... 9:06
Máximo.... 10:09
Final......... 11:17
Aínda que é un eclipse solar total, en Galicia só será parcial. A parte boa da noticia é que neste curruncho de Europa será onde a Lúa cubra máis porción do Sol, un 75% aproximadamente, o que non está nada mal!
Como ver o eclipse?
NON DEBEMOS MIRAR NUNCA AO SOL DIRECTAMENTE. E MOI PERIGOSO!!!
Os eclipses obsérvanse:
- Por procedementos indirectos, proxectando dalgún xeito a imaxe do Sol.
- Con gafas especiais para eclipses (NON AS GAFAS DE SOL!!!)
- Unha careta de soldador é unha opción, pero debemos observar só durante uns segundos.
0 comentarios:
Publicar un comentario