xoves, 4 de xuño de 2020

BIBLIOTECAS, CONTOS E CONTACONTOS DIXITAIS






Sen renunciar ao encanto e comodidade do libro e o conto en papel, ese obxecto único e persoal, os tempos que nos tocou vivir demostraron tamén a utilidade dos contidos dixitais. Nos seguintes enlaces mostramos e comentamos algunhas páxinas e blogues, cheos de ideas e enlaces, que estamos seguros que serán de utilidade para as familias. Animádesvos a curiosealos, hai de todo e para todos!




1. Comezamos pola casa. O blog de Bibliotecas Escolares de Galicia está cheo de enlaces a propostas, compartidas xenerosamente polos diversos centros educativos do noso país. Hai para todos os niveis, dende infantil a secundaria. 








2. Sen saír de Galicia, a Biblioteca Virtual Galega ofrece un montón de libros para todas as idades, dende nenos até adultos. En xeral están en formato de texto, pero tamén hai libros enteiros que podedes descargar e ler comodamente nun ordenador, tablet, etc... O enlace xa leva á opcion de libro infantil e xuvenil.





3. A Biblioteca Digital Internacional para Niños está chea de propostas e contos para os nosos nenos e nenas. É outra fonte boísima onde atopar moitos libros e contos... e en varios idiomas!



 
4. A Fundación Alonso Quijano pon á nosa disposición moitos vídeos, nos que se nos narran contos. Moi recomendable para os máis cativos, até os 9 anos

 Na imaxe tedes un exemplo do que podedes atopar nesta páxina de tanto interese.



 



  5. Moi interesante tamén o blog de Soy Bibliotecario. Curioseando nel poderedes atopar unha selección moi completa de bibliotecas virtuais para nenos. 









6.  Este último blog ofrece máis enlaces, algúns deles que xa están nalguna das anteriores páxinas, pero poñémolo aquí xa que ten algúns outros moi interesantes tamén.









BOAS LECTURAS!




0 comentarios:

Publicar un comentario